+ 34 981 508 142

 

Presentación

A Asociación Galega de Apicultura, AGA, ten como fins: o desenvolvemento integral da apicultura galega, proporcionando información, formación e asesoramento apícola ás abelleiras e abelleiros, difundindo á sociedade as vantaxes da abella como insecto polinizador e traballar en defensa do noso medio ambiente. Velar pola calidade dos productos apícolas e informar aos consumidores das súas bondades.

Agardamos a entrada de novas abelleiras e abelleiros como a mellor maneira de facer progresar esta actividade imprescindible, para o mantemento da biodiversidade, e a produción de alimentos.

Ler máis
 

 

DE ACTUALIDADE

CHARLA "VESPA VELUTINA, UN PERIGO Á PORTA DA CASA"

Data e hora: 29 de xuño ás 20 h.
Lugar: Casa da Cultura de Galáns - Vilagarcía de Arousa

A Asociación Galega de Apicultura organiza esta charla que impartirá o voceiro de AGA Suso Asorey co obxectivo de informar sobre os danos que está causando a praga do tártago asiático (Vespa velutina) e os actuais métodos de control cos que contamos para reducir os seus efectos.  A entrada é de balde e aberta a tódalas persoas interesadas.

Ademais, ó rematar á charla terá lugar a constitución da DAGA Salnés, que terá como unha das súas misións traballar para o control da Vespa velutina na comarca do Salnés. Animamos a todos os socios e socias a asistir a esta reunión e participar na creación e desenvovemento desta nova delegación de AGA, que aportará moitos beneficios ós apicultores e apicultoras desta comarca.

Ler máis

AS UNIVERSIDADES GALEGAS E O SECTOR APÍCOLA UNIDOS PARA ESTUDIAR COMO COMBATIR A VESPA VELUTINA

22 de xuño de 2018

Co motivo da inauguración da exposición "Vespa velutina: unha invasión imparable" no Museo de Historia Natural da USC tivo lugar onte no mesmo museo unha reunión entre investigadores das universidades galegas e representantes da Asociación Galega de Apicultura, que participou tamén na realización desta exposición. O obxectivo deste encontro era a creación dun grupo de traballo para aunar esforzos no estudo e investigación sobre a Vespa velutina, un dos máis graves problemas medioambientais os que se enfronta Galicia neste momento.

 
Ler máis
 
Ver todas
 

Programación AGA

Eventos Cursos

Divulgación Técnica

Láminas de Divulgación Apícola

Materiais, láminas e cartaces sobre divulgación apícola” e un enlace para a descarga de cada lámina

Ler Máis

Actualidade Sanitaria

Caderno de construción da trampa eléctrica para a protección das colmeas da Vespa velutina

Descargar

Asóciate

Inscrición como socio de AGA:
50 € / Ano

Ler máis